Despóis de colaborar co Clube Mariño a Reiboa no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Combarro, xurdiu a oportunidade de traballar xuntos de novo na elaboración da guía de Navegación Inclusiva «Sentir o Mar: Achegándose ao mar cos sentidos».
Trátase dun precioso proxecto iniciado por xente do Clube e desenvolvido por un equipo de profesionais do ámbito educativo para propiciar que persoas con discapacidade visual poidan achegarse ao mar navegando e mesmo tripulando unha embarcación tradicional.
Que sexa unha embarcación tradicional non é casual, xa que nese tipo de embarcación sen motor, gran parte da información precisa para navegar ven dada por sons: o batir das ondas no casco, o cruxir das madeiras, o vento nas velas.. a embarcación fálalle a quen sepa escoitar.
Nós encargámonos de maquetar o libro – guía, que se empregará tanto para realizar este tipo de saídas na ría, como para actividades académicas e de sensibilización en centros de ensino. Un verdadeiro pracer.
Vídeo da actividade:
Enlace da asociación: http://reiboa.blogspot.com/2016/12/sentir-o-mar-navegacions.html