Toda esta semana foi moi caótica para nós. Aínda que tomamos con humor o que nos pasou, non podemos negar que tivemos dificultades para entender o que sucedía e que foi un golpe duro perder unha conta de moitos anos na que había recordos, traballo acumulado e, sobre todo, persoas que depositaran o seu follow en nós.
Dito isto, pasemos a contar a realidade do roubo máis esperpéntico dos últimos tempos en redes sociais.
O primeiro impacto
O escenario parecía deseñado por Tommy Wiseau, aquel célebre director que gañou para a súa película The Room o xenial título de “peor película da historia” . A cal, por certo, recomendamos encarecidamente que vexades.

Era un novo día en Vila Pingüín. Seguramente alguén do equipo con resaca pasa as historias de Instagram mentres toma café e limpa os ollos de legañas. «Como está o mundo! A xentiña vendendo as súas contas de Instagram. Esta crise do COVID… Agarda, que?!»
Unha vez comprobamos que non podiamos entrar na conta viunos un pouco o mundo enriba. Comunicámosllo ao director de marketing, Isaac González que, nin curto nin preguiceiro, comunícase co noso Instagram. O que veu despois, desencadeou a broma máis cara das RRSS.
O secuestro que puido ter orquestrado Benzemá

Nada, absolutamente nada do que vos compartimos en RRSS está retocado nin un milímetro! Atopámonos falando cun pirata de medio pelo que nos ofrecía a devolución da conta previo pago de 200€ en bitcoins. E Isaac viu o filón.
Ante a nosa incredulidade, vímonos mantendo negociacións de perogrullo durante días, a cada cal máis guionizable, cun individuo xeolocalizado no Quebeq que nos chuleaba na búsqueda dos seus bitcoins. En serio, bitcoins! Que nos fartamos de mirar tutoriais e iso non hai dios que o pague! Que iso só se pode facer se eres jaquer! E, cona! Quedou máis que demostrado que o noso nivel de seguridade informática non é high level, precisamente!
Mentres desplegabamos o noso equipo informático (a que subscribe, que sabe abrir un blog, e outros individuos armados con teléfono móbil e bolis bic) tiñamos que conseguir que mantivese o interese. E vimos moitas pelis de secuestros. «Mándanos a proba de que o refén segue con vida!»

Nun xiro de guión inesperado, estabamoslle ofrecendo traballo ao (xa amigo) secuestrador. Gústanos a xente creativa e hai que recoñecerlle que o currou.
Pero, de verdade: non fomos capaces de pagar en bitcoins. Non houbo maneira. Non existen. Non se pode. Non.
Pesetas? Maybe.
Reais? Moito máis cerca das nosas posibilidades.
Bitcoins? Non é para nós.
A Susana Griso gústalle reizentolo
Paralelo a todo o noso desbaratamento interno, Rei Zentolo fluía polos platós de televisión, ao máis puro estilo das folclóricas de antes: «Esto es muy duro!» «Mucha puñalá!»
Sen vergoña, con sorna e con chanclas, Isaac González contaba a nosa dramática experiencia nos medios de comunicación, aos que lles agradecemos terse feito eco desta relevante historia. O verán é boa época para entrar nas grellas dos mass media. Agora mesmo, só José Luis Moreno podería facernos sombra. Aínda que no seu caso o de facer sombra pode dar lugar a xogos de palabras como estar á sombra… deixémolo correr.
O último tango en Quebeq
No money, no party. Era visto.

Decidimos apostalo todo a un único cabalo gañador: a broma. Perdimos a conta e os seguidores pero que risas, jo**r, que risas!
Agora tócavos seguir remando con nós pola retranca. Prometémosvos máis aventuras imposibles e moitas ganas de divertirnos con vós.
Seguídenos en mundoreizentolo
Ride sempre!
E lembrade: NON SE PODE PAGAR EN BITCOINS!
A. Alonso