Co gallo dos aniversarios este ano do centenario das Irmandades de Fala e a celebración do Ano Castelao, propuxémonos levar a súa obra á rúa, coa idea de chamar a atención sobre estas conmemoracións dun xeito inusual. Para facer isto coa maior economía de medios posible argallamos facelo sobre os pasos de peóns, espacio ante o que nos temos que parar e no que reparamos ao ver que ten unha frase escrita.
En concreto escribironse os primeiros versos do himno das Irmandades da Fala: «NA FALA GALEGA VIVE A IALMA DA NOSA TERRA«, de Manuel Lugrís, e a cita de Castelao «SE AINDA SOMOS GALEGOS É POR OBRA E GRACIA DO IDIOMA«.
O resultado non só cumpre a premisa de chamar atención e transmitir a mensaxe se non que amáis pon en valor a un espazo urbano que antes non o tiña.
- Paso 1
- Paso 2
- Paso 3
- Paso 4
- Paso 5
Podes descarregar aquí a tipografía que empregamos : Solaina, a cal procede da tipografía gratuita «Rita» (Autor: Rubén Prol) e que foi adaptada «ao estilo Sargadelos» para poder empregar con plantilla..