Este ano 2016, cúmprense cento trinta anos do nacemento en Rianxo de Alfonso Rodríguez Castelao, e tamén cen dende a súa chegada e namoramento sempiterno de Pontevedra. E oitenta dende a guerra e o exilio que o obrigou a afastarse da súa terra para sempre. Son moitas efemérides, e moitas cousas as que lle debemos ao noso máis ilustre escritor, pintor, debuxante, político, médico…
Por iso, reizentolo e Polo Correo do Vento, preparamos estas actividades de Contos Debuxados e Obradoiros de Deseño de Camisolas para o Ano Castelao 2016, e a Deputación de Pontevedra dispuxo os medios para que as leváramos a cabo nos diferentes Concellos que se adheriron ao proxecto.
En cada unha destas vilas, nenas e nenos escoitarán un conto que versiona o relato do negro Panchito ( Cousas,1929 ), e debuxarán unha caricatura do Mestre Castelao nunha camiseta reizentolo, rendíndolle homenaxe! Caricaturas feitas por eles mesmos para seren vestidas e amosadas ao mundo!
A experiencia está resultando fantástica, tanto para os que o impartimos coma para os que acudiron , ou iso nos din… Grazas a todos os que participastes neste proxecto!!
Velaquí tedes fotografías dalgunhas das maravillosas recreacións realizadas nos obradoiros que impartimos: