Se queremos mercar unha mascarilla respetuosa co medio, que protexa eficazmente e xa de paso bonita -o criterio máis irrelevante pero que non está reñido cos outros- debemos apostar por unha mascarilla de tea.
O uso da mascarilla sí ou sí
Un dos inconvintes máis frecuentes da nosa sociedade é o tráfico descontrolado de información sen verificar. Os bulos poden chegar a resultar simpáticos cando os convertemos en memes e ata en refraneiro popular, o problema é cando entran fakes relacionados coa saúde.
Neste sentido, a protección con mascarilla non se libra de ser vapuleada por filósofos terraplanistas e outras subespecies humanas que degradan a teoría darwinista da evolución e contaminan as redes con desinformación.
O uso de mascarilla protexe a quen a leva evitando o contaxio e, polo tanto, freando a propagación dunha enfermidade que, neste caso, resulta aínda imposible de previr con anticorpos.
A cousa é clara: hai que poñer (ben) a mascarilla por solidaridade, por sentido común e, sobre todo e máis importante, para diferenzarse de Miguel Bosé. Na orde de prioridade que se prefira.
A mascarilla de tea
Recentes estudos veñen de demostrar que a mascarilla de tea protexe tanto como as máscaras médicas desbotables se xeralizamos o seu uso. A maiores, ao ser reutilizables, diminuímos a producción reducindo os efectos contaminantes.
Os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades (CDC) insisten na recomendación do uso de mascarillas de tea nos lugares públicos poñendo como criterios das mesmas a axustabilidade, a homologación e a correcta esterilización.
Como escoller unha mascarilla
O tecido debe ter
certificado UNE-0065
Como as mascarillas Zentolas!

Debe cumprir a
norma EN-13795
Como as mascarillas Zentolas!

Debe ser resistente
ao roce e á abrasión
Como as mascarillas Zentolas!

Filtrado de Partículas (>94%)
Como as mascarillas Zentolas!

Filtrado de Aerosois (>95%)
Como as mascarillas Zentolas!

Agardamos que este artigo vos sexa de utilidade. É un artigo de promo das máscaras tan rebonitas que temos, si, pero tamén de sensibilización. Non está de máis, visto o visto, lembrar que é fundamental seguir as indicacións dos especialistas en saúde, xa non só por voltar a certa comodidade ou normalidade, senon para evitar na medida do posible o sufrimento propio e alleo.
Asique, lembrade: sentidiño e mascarilla!