Outro ano máis temos a sorte de colaborar co Festival de Cans realizando a súa imaxe. Desta volta tivemos claro que queríamos basarnos nunha fotografía real da propia organización do festival e nun concepto, que diría o outro: o espírito de cooperación, participación e traballo colaborativo polo que se caracteriza o Festival de Cans. Dise moitas veces, pero é certo. Diferenciase do resto dos festivais en que non é un evento que se realiza en Cans, senon realizado pola xente de Cans, e iso transmite esta imaxe.
Asi, na imaxe varias persoas están portando un “can de Cans”, rodeados de elementos tan característicos do festival coma o chimpín, a igrexa do Torreiro ou as estrelas coas que deixan pegada cada ano as personalidades máis destacadas que pasan polo certame. A imaxe fíxémola homenaxeando a portada do Abbey Road dos RHCHP, por suposto, e facendo un chisco de política local polos pasos de peóns, que seica botan en falta os veciños da vila o resto do ano …