Dicía Galeano en El fútbol a sol y a sombra (1995) que “La tecnocracia del deporte profesional ha ido imponiendo un fútbol de pura velocidad y mucha fuerza, que renuncia a la alegría, atrofia la fantasía y prohíbe la osadía. Por suerte, todavía aparece en las canchas, aunque sea muy de vez en cuando, algún descarado carasucia, que se sale del libreto […]”
Un deses “descarados carasucias” é, sen lugar a ningún tipo de dúbida, David Vidal.

A filosofía de David Vidal é a de Galeano. “Los buenos entrenadores están en las categorías inferiores” dicía o míster. E non lle falta razón. Finalmente, arrincarte a levar un equipo no que xogan catro dos 20 mellores xogadores do mundo e os outros están entre os 50 mellores pois… mérito ten, que ninguén llo quita, pero é como a diferenza entre poñer a Roomba a funcionar na casa ou ter que varrer.
O fútbol é, a día de hoxe, un entretemento controvertido. A brutal e abusiva industria que se acadou construír arredor deste deporte desposúe absolutamente ao xogo precisamente diso, do xogo. De feito, se paramos a pensar no que a día de hoxe son as competicións (algo vidas a menos dende que as gradas están valeiras de afición) darémonos conta de que colonizou o entretemento televisivo ata o absurdo. Televísanse partidos de Liga, prácticamente todos os días da semana e, non chegando, buscáronse competicións ata debaixo das pedras ata chegar a que, a día de hoxe, nun ano random, un equipo español de Primeira División pode chegar a xogar a Liga, a Copa do Rei, a Champions Leage, a Europa Leage, a Súper Copa de España, a Súper Copa de Europa e o Mundialiño de Clubes. A isto hai que engadirlle que, cada dous anos, se intercalan a Copa de Europa, o Mundial e a Copa de América, por exemplo.
Faise moito. Comeza a recordar un pouco á oferta de series de plataformas como Netflix nas que escoller algo que mereza a pena ver, faise complicado.
Nostálxicxs ou non, mal que ben todxs medramos co fútbol de fondo. Neste caso ademáis, cadra que nos gusta de veras. Gustounos xogar e a filosofía do terceiro tempo. Gustounos a cultura do esforzo sen máis recompensa que a persoal, gustounos a “sarna con gusto non pica” de ir tocar a chanca un sábado de xaneiro a a campos de terra que eran lameiras. E gústanos a filosofía de cantina e o terceiro tempo (sempre terceiro tempo!).

O odio eterno ao fútbol moderno é, exactamente, iso: a toma de conciencia de que antes viamos xogo e agora vemos xogadores, e cando a un deporte tan enormemente arraigado coma o fútbol o convertes nunha pasarela, estaslle afectando ao autoconcepto das e dos pequenos que o practican, porque o despoxas do significado máis profundo que ten: o equipo.
Neste sentido, David Vidal continúa abandeirando esa ética máis pura da ideoloxía dos deportes de equipo que a nós aínda nos ten namoradxs. Porque consegue que as nostálxicas e nostálxicos de Higuita, do Barça de Cruyff, ou do (sempre no corazón) eterno St. Pauli conservemos a ilusión e sigamos mercando camisetas. Porque o que che dá un tipo como David Vidal é a razón: o fútbol antes, molaba.
Esta nova colección de Zentolo quere ser unha homenaxe ao míster máis bravo e excéntrico que deu este país noso, pero tamén aos valores de equipo que lle van tan pegados á pel coma a salitre do mar. Por moitos anos de fútbol ao xeito e por moitos máis de David Vidal!