A historia da humanidade está chea de misterios sen resolver: quen asasinou realmente a JFK? Que se agocha detrás do triángulo das Bermudas? Son mensaxes alieníxenas as liñas de Nazca? A partires de agora haberá que engadir un novo enigma: producirase a volta ao cole? E, sobre todo, canto durará?
Estas e outras cuestións sen fundamento teórico, no artigo de hoxe.
Os Gobernos e o misterio da volta ao cole
A escasos días da (hipotética) reincorporación ás aulas de docentes e alumnado, está igual de pouco claro en que condicións se vai producir esta rentrée ou mesmo se vai poder darse en todas as zonas. O goberno nega todo coñecemento.
A colación deste pequeno desorde escóitanse exabruptos entre pais, nais e cidadanía advenediza. Que se é un descalabre, que se non hai dereito, que se para rescates bancarios si que hai cartos pero onde están para competencias básicas como educación e saúde… Cidadanía, xa sabedes.
Logo de darlle moitas voltas ao asunto, debuxóusenos no horizonte unha explicación diferente á da mala xestión. O problema é galego.
O Estado español é o primeiro en contaxios na zona euro, o que tivo unha recaída máis fonda e o que peor está reaccionando como administración. E o problema é galego.
Porque 40 anos de democracia orgánica dun fulano do Ferrol, ao final, nótanse.

Instalouse na política española un xeito de operar “a la gallega”. E non é algo contra o que se poida loitar.
Atinxe a calquera posicionamento ideolóxico porque o mal está no sistema. Este tipo de eivas son máis visibles en momentos críticos como o que desatou ese virus del que usted me habla. As decisións tómanse hoxe e mañá xa iremos vendo. “la indecisión gallega” que lle chaman.
No peor sentido da palabra, a administración ven demostrando ser muy gallega, no sabes? E entón claro, pasa o que pasa. Ou o que non pasa.
No tocante á volta ao cole, o que está operando é outro dos piares fundamentais da galeguidade: las meighas. Xa se sabe, haberlas hailas aínda que ninguén teña máis certeza destas que das mariscadas a 20€. Todo é moi misterioso, por aquí.
A volta ao cole: un complot?
Cumplindo escrupulosamente coa estereotipación galega porémonos no escenario máis catastrófico: as nosas crianzas non se incorporarán ás aulas ata ven entrado 2021, con sorte.
Este futuro non tan distópico ten as súas vantaxes e os seus inconvintes. Os inconvintes están xa moi manidos: os problemas de conciliación, denuncias por absentismo escolar, burramia colectiva… bah, ofendidxs sempre houbo e sempre haberá.
Pero e aquelo que non nos contan? E se estiveramos sendo parte dun tinglado destes de experimentación coa psicoloxía inversa? Non é improbable unha conspiración gubernamental detrás do trending topic #Vueltaalcole. Cousas peores se teñen visto.
Non queren que vexamos a outra cara da moeda. Esa na que
- Minimizamos riscos de contaxio: iso sempre está ben. Check.
- A inversión en material escolar redúcese de forma moi considerable: un caderno, unha consola con cascos e a vivir.
- A última xeración de galegxs malamente escolarizados deu grandes emprendedores patrios: Amancio Ortega, Laureano Oubiña…
Ben mirado, case ata saímos gañando. É unha aposta arriscada pero valente. Un posicionamento anti Troika, incluso. O máis revolucionario e consecuente, quizáis?
Quen sabe… todo é cuestión de enfoque. A verdade non necesariamente está aí fóra.

*Rei Zentolo non se responsabiliza de futuras asociacións en contra da escolarización universal obrigatoria.
Asdo: A dirección