Sabías que unha das búsquedas máis frecuentes en Google é a de como reciclar ben o lixo? Ou o que é o mesmo: que vai en cada colector.

Sabemos realmente como reciclar ?

A día de hoxe a maior parte de nós separa o lixo en base aos criterios de reciclaxe que marcan os colectores, mais segue habendo algunhas dúbidas con produtos específicos que procuraremos resolver. 

Colector verde en forma de iglú

Neste colector botaremos todo aquelo que sexa vidro como as botellas de viño, auga, cervexa ou zumes.

Tamén tiraremos aquí os envases de vidro de conservas como por exemplo espárragos, olivas ou marmelada. Mais atención: as tapas dos mesmos han de ir ao colector amarelo, tanto se son de plástico coma se son de metal.

Os recipientes de colonias e perfumes van neste contedor.

Non tiraremos aquí o cristal, é dicir:  nin copas ou vasos, nin espellos, nin lentes… Estes irán no colector verde escuro -gris nalgunhas comunidades- tamén coñecido como colector de lixo orgánico.

Que vai no colector amarelo?

Ao contedor amarelo debemos enviar aqueles envases como latas de bebidas ou conservas (refrescos, atún, etc), bricks como o do leite, envases de plástico coma o do xel ou as botellas de auga e todos aqueles envases metálicos coma os de cosmética (botes de laca, por exemplo).

No contedor amarelo tamén vai o papel de aluminio, o filme transparente e as bolsas de plástico coma as de algúns supermercados.

Lembra que as bandexas de porexpán que conteñen verduras ou carne tamén van ao contedor amarelo.

O colector azul de papel e cartón

Seguramente este sexa o máis doado de identificar. Nel debemos botar cartóns coma o das caixas de envíos online, caixas de ovos ou as de galletas e cereais, entre outras.

Iso sí, aqueles cartóns manchados de graxa como as caixas das pizzas e outras comidas precociñadas deben ir ao colector de orgánico xa que non se poden reciclar como papel.

Tamén se recilcan no azul os papeis como folios, xornais, e cadernos. Iso sí, coa mesma premisa que o cartón: non deben estár manchados de graxas ou restos de produtos tanto químicos coma orgánicos (un pano de papel usado vai no contedor orgánico, por exemplo).  

Colector verde ou gris

O cubo verde que nalgúns concellos é de cor gris coa tapa laranxa é o de restos orgánicos. Se nalgunha ocasión temos dúbidas sobre onde van exactamente os refugallos, é preferible que os botemos neste colector. Non sendo, por suposto, produtos químicos ou aceites, pilas, etc. dos que falaremos máis abaixo.

Os desperdicios que lanzamos neste contedor e que non se poden reciclar tales coma as compresas e cueiros ou os cristais van parar a unha planta de reciclaxe na que son compactados coa intención de que ocupen o menor espazo posible. Estes refugallos en concreto non poden reutilizarse para nada, polo que sempre será mellor procurar vías alternativas a eles. No caso das compresas e tampóns, unha variable moito máis ecolóxica é a copa menstral reutilizable.

Como reciclar outros produtos:

  • Pilas: Existen puntos de recollida seguros e homologados. Aquí vos queda un enlace moi útil para saber onde está o colector de recollida de pilas máis próximo ao voso enderezo:
  • Puntos limpos: Aquí teremos que levar todos os aparatos electrónicos dende un forno a un secador do pelo. Levaremos tamén os produtos químicos coma pinturas ou aceites de motor, por exemplo. Tamén se levan a estes puntos de recollida os colchóns, os pneumáticos e os instrumentos de cociña coma potas ou tixolas.
    Tamén vos achegamos o buscador de puntos limpos da OCU para que atopedes o que vos sexa máis próximo

Cun chisco de atención ao separar o lixo é doado saber como reciclar cada un dos desperdicios que se xeran na casa a diario. Se ben, como din as cativas e os cativos do CEIP A Lama neste vídeo, a premisa deben ser os 3 «R»: Reducir, Reciclar e Reutilizar, apostando sempre por produtos respectuosos co medio.

Gustouche?

5 / 5. 1