Hai tempo que tomamos unha decisión sobre a liña de traballo en Rei Zentolo: a ética é a norma que queremos que rixa a nosa maneira de operar.

Cada unha e cada un de nós ten unha obriga co entorno e unha máxima coas xeracións vindeiras. Viría reflectíndose na frase se non podes deixar as cousas mellor do que as atopaches, polo menos déixaas igual.
No caso de actividades como a que nós desenvolvemos, ten unha especial importancia predicar co exemplo e, na medida do posible, corrixir unha maneira de funcionar que consideramos pouco ética. A solidaridade comeza por unha e por un.
Existen moitas maneiras de entender o compromiso co medio ambiente. Unha delas é comprender ou definir o compromiso co entorno de xeito global.
Por iso, na nova colección e a partires de agora, todo o produto que atopes en Rei Zentolo cumplirá cuns criterios de calidade, sostibilidade e moral que resumimos nuns poucos puntos:
Textil orgánico
O uso de textil orgánico fai referencia ás seguintes características:
- A fibra é natural, é dicir, temos a garantía de que non provén de plantas modificadas xenéticamente.
- Non se empregaron produtos químicos durante o proceso de cultivo.
- Forma parte dun sistema de rotación de cultivos, mediante o cal se potencia o saneamento da terra e se minimiza de xeito moi considerable o consumo de auga.

As prendas que non son de algodón:
- Os nosos produtos contan coa certificación Global Recycled Standard, mediante a cal queda completamente asegurado que o uso de materiais empregados son 100% reciclados. No caso do poliéster, por exemplo, a materia prima para as fibras provén de botellas de plástico desbotadas.
As traballadoras e traballadores
- O tipo de fibras que empregamos en Rei Zentolo garanten o total cumplimento das normas sociais da Organización Internacional do Traballo no que quedan recollidas xornadas e salarios éticos e dignos durante toda a cadea de producción.
Certificado Standard 100 de OEKO TEX®
- É un sistema independente de aplicación mundial que verifica a exención de sustancias tóxicas e/ou nocivas nas materias primas, os produtos intermedios e os tratamentos do textil. Quedan, polo tanto, garantidas as medidas que protexen a saúde tanto das usuarias ou usuarios da prenda final coma, por suposto, das persoas necesarias para a súa confección.
Botemos man da terra que nos da de vivir agora que aínda podemos. Por nós, polos que nos abriron camiño e polas que están por vir. Por un consumo ético e sostible.