CANTIGAS DA TERRA é un dos coros galegos tradicionais que quedan en activo, formado un ano despóis da fundación das Irmandades da Fala, por membros da mesma, en «A Cruña», no 1916.

Este ano cumpren 100 anos (o 28 de decembro, bonito día) – de traballo a prol de preservar a cultura do país, percorrendo durante anos camiños e vilas para recoller cantares e melodías transmitidas por transmisión oral e transcribilas a letras e pentagramas, preservando alalás, rianxeiras, montanesas, foliadas, aturuxos e regueifas que doutro xeito se perderían, pero tamén estampas folclóricas, diálogos, comedias nun acto e outras pezas breves de teatro que foron recollendo e representando nos seus primeiros tempos. Ate a propia vestimenta do coro foi evolucionando, ou mellor dito, «involucionando» co paso do tempo para afaerse á orixe, aos tecidos e patróns empregados polos músicos e bailarines que animaban as festas…

logo cantigas da terra

Logo oficial do Centenario

Camisetas Cantigas da Terra

Camisetas Cantigas da Terra

Para nós, que podemos disfrutar da cultura galega gracias a empresas coma esta, é case obrigado devolverlles o favor, aportando do que sabemos facer ben na súa celebración. Así, foi unha honra deseñar o logo oficial do Centenario, que o Coro empregará en toda comunicación deste ano, e algúns deseños conmemorativos en camisetas, que irán aparecendo aos poucos xunto con outras sorpresas nas celebracións do ano que nos queda por diante (ata o verán de 2018).

Tipografía Cantigas da Terra

Tipografías

Tamén desenvolvimos dúas tipografías propias: unha a partir do emblema orixinal do Coro, e outra a partir do estandarte vello, xa retirado, que levaron por medio mundo e co que presumiron de auténticos Galegos diante de reis, presidentes, elevados intelectuais, artistas de sona, e segundo contan, chegaron mesmo a poñer en pé a certo pequeno caudillo -ante a sorpresa de milleiros de persoas- cando arrincaron a tocar en Riazor o himno de Galicia.

Feliz idade, Cántigas da Terra!

Por centos de anos máis!!

http://cantigasdaterra.gal/