I.-OBXECTO DO SORTEO

Rei Zentolo, S.L. con domicilio social en Avenida do Aeroporto, 305 Vigo (36317), Vigo, Pontevedra e con CIF B36458123 (en diante, “o Organizador”), convoca o sorteo de 4 bonos, por valor de 50€ cada un, canxeables exclusivamente en produtos da tenda online https://reizentolo.es/

II.- PERIODO PROMOCIONAL

A presente promoción estará activa dende o día 12 de xullo, estando en vigor ata o 23 de xullo do ano 2021.

III.- PARTICIPANTES

Atribúeselle a condición de Participante ás persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser persoa física e residente en territorio español,
  • Ter compartido a publicación que aquí se detalla: https://www.instagram.com/p/CRPJ358JofK/ facendo mención a @mundoreizentolo  e unha canción.
  • Cumprir coas condicións establecidas nas presentes bases legais

Non poderán participar na promoción e, polo tanto, resultar agraciadas, as seguintes persoas:

a) empregados/as e familiares ata o primeiro grado de consanguinidade da entidade mercantil Rei Zentolo S.L.;
b) os e as empregadas e empresas distribuidoras de produtos de Rei Zentolo, S.L., axencias de publicidade ou axencias que estean relacionadas con la promoción;

Só terán a condición de participantes quen cumpra cos requisitos de participación establecidos nestas bases legais e, en particular, neste apartado.

As persoas que no cumpran estas condiciones non deben participar na Promoción e, en caso de participar, serán descalificadas.

IV.- SORTEO

O Organizador sorteará a cantidade total de 200€ en bonos de 50€ (4 bonos de 50€ cada un) entre todas aquelas persoas que, cumprindo as bases legais do presente documento, compartisen a publicación antes mencionada engadindo a mención a @mundoreizentolo 

Data de peche de concurso: venres 23 de xullo do ano 2021.

Data de realización do sorteo: domingo 25 de xullo do ano 2021.

V.- CONDICIÓN DE GAÑADORES E/OU GAÑADORAS

De entre todos os participantes, elixiranse 4 gañadores e/ou gañadoras.

Ademáis dos gañadores e/ou as gañadoras, no sorteo elixiranse a catro (4) reservas, aos que se lles chamará en orde de extracción, no caso de que algún dos gañadores ou gañadoras  non acepte o premio, fose imposible o contacto co mesmo ou non cumprise os requisitos establecidos nestas bases legais. En caso de que se tivesen esgotado as reservas sen que se lle puidese asignar o premio por calquera causa (ninguén tivese aceptado o premio, fose imposible contactar con eles ou elas ou non cumprisen cos requisitos de participación esixidos), o/os premio/s quedará/n desertos.

VI.- NOTIFICACIÓN Y ENTREGA DE PREMIOS A LOS GANADORES

A relación dos ou das gañadoras aparecerá publicada ao día seguinte hábil do sorteo na blog de Rei Zentolo, S.L. (https://www.reizentolo.gal/) , así como nas redes sociais de Rei Zentolo.

O Organizador contactará cos ou/e as gañadoras vía mensaxe privada de RRSS. Os e/ou as gañadoras disporán dun prazo de sete (7) días naturais dende a primeira notificación fidedigna (notificación por mensaxe privada en RRSS) por parte do Organizador para responder e/ou contactar co Organizador.

Unha vez os e/ou as gañadoras teñan contactado e/ou respondido ao Organizador, este informaraos das condicións nas que deben aceptar o premio, as xestións que terá que realizar e os posibles gastos en que podería incorrer ao aceptar o premio. Os gañadores e/ou as gañadoras disporán dun prazo de sete (7) días naturais para xustificar que cumpren cos requisitos e aceptaren o premio, ou no seu caso, rexeitar expresamente o mesmo. Os e/ou as gañadoras podrápoderán renunciar ao premio obtido, pero en ningún caso se lle substituirá por unha cantidade económica. O premio é persoal e intransferible.

No caso de que os gañadores e/ou gañadoras non se poñan en contacto co Organizador nun prazo de 7 días naturaiss, non cumpran os requisitos de participación ou rexeiten expresamente o premio, éste pasará ao primeiro “reserva” do sorteo por orde de selección, e disporán dos mesmos prazos que os anteriores para contactar e/ou responderlle ao Organizador, xustificar que cumpre cos requisitos de participación e, no seu caso, aceptar ou rexeitar o premio. No caso de que se esgotaran os “reservas”, os premios quedarán desiertos.

VII.- ÁMBITO TERRITORIAL DA PROMOCIÓN

A Promoción exténdese a todo el territorio español.

VIII.- TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS E DEREITOS DE IMAXE.

De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, e concretamente no Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, cada Participante, coa aceptación destas Bases Legais consinte que os datos persoais facilitados para a participación neste concurso sexan incorporados a un sistema de tratamento, co obxecto de tramitar a participación no concurso comunicar, no seu caso, a condición de gañadora ou gañador.

Informamos de que os datos persoais consignados durante a participación serán empregados para

  1. Xestionar a participación dos concursantes na acción promocional descrita nas bases.
  2. Difusión da identidade e imaxe, no seu caso, dos gañadores e/ou gañadoras na páxina web do Organizador, así como nos seus perfís sociais, fomentando a transparencia no proceso.
  3. Informar a todos os participantes sobre outras actividades promocionais remitirlles información publicitaria de eventos, sempre que previamente deran o seu consentimento para tal fin.
  4. Xestionar as liqudacións tributarias correspondentes.

Os Participantes garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicarlle ao Organizador calquera modificación dos mesmos. O Organizador reserva o dereito a excluir da presente promoción a todo participante que tivese facilitado datos falsos.

Gustouche?

0 / 5. 0