«Baixo a súa planta de rudo estibador do porto de Dover, os seus bastos modais e o seu particular acento, escóndese o talento do xogador total«, falamos de Wayne Rooney. Así o describía no 2012 o diario The Sun á estrela de fútbol inglés, como un estibador, aqueles que cargan e descargan as mercadorías das embarcacións. Este colectivo ten unha organización aos cales representa, defende e axuda na mellora da súa capacitación. Trátase da International Dockworkers Council que aglutina a case 100.000 estibadores de todo o mundo e que xa elixiu ao reizentolo para deseñar e fabricar distintos produtos que os identifiquen (http://shop.idcdockworkers.org/). Esta tenda online no breve tempo que leva operativa, xa foi testemuña do sentido de pertenza e corporativismo dos estibadores portuarios. Na súa 7ª Asamblea Mundial celebrada en Miami o pasado 29 de sepembro escolleron como lema da mesma, «nunca máis camiñaremos sós«. Agora a IDC e reizentolo camiñan xuntos.