Traballar cos amigos de Chacueca sempre é satisfactorio, non só polos resultados -que nos sentimos orgullosos de amosar-, nin porque conviden a probar o seu produto -que nos sentimos encantados de catar-. O que máis nos satisface de traballar con eles é que sempre teñen unha historia, un discurso claro que queren transmitir en cada cousa que fan, e iso facilita moito a nosa labor; permite ter uns parámetros para orientar a gráfica, e un obxectivo que mide se estás a facelo ben ou non. E hai que dicir que aos Chacuecos gústalles facer ben as cousas.

Á hora de plantexar a nova cervexa de Trigo que querían sacar ao mercado, tiñan claro que querían facer referencia ao mundo do tren, de gran importancia en Monforte, referencia imprescindible en todo o que fan. Para iso e como homenaxe a ese pasado industrial adoptouse para a cervexa o nome de Mikado, o nome da única locomotora a vapor operativa en España, que se pode ver no Monfortino Museo do Ferrocarril.
Tamén tiñan claro que o sabor e o aspecto da cervexa tiñan que ter moito estilo. Sendo de 75cl, andabamos na procura dunha litrona gourmet.

Coestes mimbres propuxémonos aunar o industrial co estilo, e axiña xurdiu o constructivismo ruso e as súas xeometrías estilosas, o que sumado á propia imaxe da locomotora levounos á etiqueta e logo definitivos nese xeito fluído co que aparecen as cousas ben feitas. A veces.

 

O resultado como dixen ao comezo, é satisfactorio, e acada o que se procuraba: un envase con moita clase, cunha gráfica que referencia ao mundo ferroviario Monfortino e mantén a continuidade -pese ás diferenzas- coa imaxe corporativa de Chacueca.

Vaga a pena probala, se tedes ocasión.

+Info: www.chacueca.com