SUPERHEROES MÍTICOS Galegos

Publicado o Categorias TraballosEtiquetas , , , ,

As lendas Galegas convértense en superheroes

Partindo do coñecemento antropolóxico e do potencial do patrimonio inmaterial galego reizentolo ofrécenos unha colección de camisetas inspiradas nalgunhas das personaxes mitolóxicas máis salientables da nosa cultura tradicional e cuxas características, simbolismo, descrición ou atributos permiten equiparalas aos superheroes máis universais dos cómics norteamericanos.

Deste xeito, empregando a estética das portadas clásicas de Marvel, preséntanse ante nós o Loberno, o Negrumante, o Tronante ou a Nubeira, cuns poderes extraordinariamente parecidos aos coñecidos Lobezno, Dr. Extraño, Thor ou Tormenta, da Patrulla X. Pode que Stan Lee tivera antergos galegos, ou alomenos viñera de viños, para inspirar as súas personaxes nestas lendas que levan séculos existindo na nosa terra.

 

Para realizar esta Colección de Mitos Galegos fixo falta un gran traballo de documentación que correu a cargo de Rafael Quintía; investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia de Galicia, Presidente e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega, e que actualmente exerce na empresa AB ORIGINE. El atopou e documentou todos estes seres marabillosos, que se convertiron en realidade grazas á maxia creativa do deseño auténtico de Pablo Zentolo, o voso servidor, en reizentolo.

Neste proxecto reizentolo achéganos ao mundo da mitoloxía galega co afán de transmitirnos o valor deste legado cultural e de axudar á valorización do noso patrimonio como pobo a través dun produto de consumo tan popular como son as camisetas.
O resultado é unha caixa na que a camiseta de cada personaxe ven acompañadas por un cómic no que se describen a lenda, poderes e características de cada un, e por suposto dun póster despregable, para poder decorar coas portadas as habitacións dos frikis máis enxebres.

Visita a colección na nosa tenda onlinehttp://reizentolo.es

+ INFOhttps://aborigine.es/