Sentir o Mar

libro sentir o mar
Publicado o Categorias Traballos

Despóis de colaborar co Clube Mariño a Reiboa no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Combarro, xurdiu a oportunidade de traballar xuntos de novo na elaboración da guía de Navegación Inclusiva “Sentir o Mar: Achegándose ao mar cos sentidos”.
Trátase dun precioso proxecto iniciado por xente do Clube e desenvolvido por un equipo de profesionais do ámbito educativo para propiciar que persoas con discapacidade visual poidan achegarse ao mar navegando e mesmo tripulando unha embarcación tradicional.

Que sexa unha embarcación tradicional non é casual, xa que nese tipo de embarcación sen motor, gran parte da información precisa para navegar ven dada por sons: o batir das ondas no casco, o cruxir das madeiras, o vento nas velas.. a embarcación fálalle a quen sepa escoitar.

Nós encargámonos de maquetar o libro – guía, que se empregará tanto para realizar este tipo de saídas na ría, como para actividades académicas e de sensibilización en centros de ensino. Un verdadeiro pracer.

 

Vídeo da actividade:

Enlace da asociación: http://reiboa.blogspot.com/2016/12/sentir-o-mar-navegacions.html