Quiz Show

Saber e gañar
Publicado o Categorias OpiniónEtiquetas , ,

Saber y ganar” é o programa de televisión máis lonxevo en España e presentado dende os seus comezos por Jordi Hurtado. Emítese ininterrompidamente dende o 17 de febreiro de 1997 en diferido e ten unha media preto ao millón e medio de espectadores. ¿E qué nos atopamos neste programa? Pois a un incondicional de reizentolo, que responde ao nome de Marcos Estévez,  e que demostrou saber (foi un dos mellores concursantes do programa) e gañar (volveron invitalo a nove programas máis a partir de febreiro). Esperamos que na secuela da súa participación luza novos deseños que lle transfiran seguridade e bo tento á hora de dar resposta ás cuestións do señor Hurtado e compañía. Víndonos á memoria unha gran película dirixida por Robert Redford, Quiz Show (o dilema), cun reparto brillante encabezado polo carismático Ralph Fiennes e reforzado coa presenza dun impresionante John Turturro. Entra de cheo no apaixonante mundo da televisión e o apaixonante mundo do “tongo”, facendo piña nunha historia que difícilmente pode deixar indiferente a quen a vexa. O mundo da televisión preséntasenos como cruel, desapiadado, demoledor e sobre todo, invencíbel. Nada que ver esta historia co programa de Jordi Hurtado, onde a única cuestión de debate, convertida en distintos momentos en trending topic nas redes sociais,  é a súa suposta “inmortalidade”.