OBRADOIROS DE CAMISETAS ANO CASTELAO reizentolo + Polo Correo do Vento

Obradoiro Ano Castelao
Publicado o Categorias TraballosEtiquetas , , , ,

Este ano 2016, cúmprense cento trinta anos do nacemento en Rianxo de  Alfonso Rodríguez  Castelao, e tamén cen dende a súa chegada e  namoramento sempiterno de Pontevedra. E oitenta dende a guerra e o  exilio que o obrigou a afastarse da súa terra para sempre. Son moitas  efemérides, e moitas cousas as que lle debemos ao noso máis ilustre  escritor, pintor, debuxante, político, médico…

Por iso, reizentolo e Polo Correo do Vento, preparamos estas actividades  de Contos Debuxados e Obradoiros de Deseño de Camisolas para o Ano  Castelao 2016, e a Deputación de Pontevedra dispuxo os medios para que  as leváramos a cabo nos diferentes Concellos que se adheriron ao proxecto.

 

Obradoiro Ano Castelao

En cada unha destas vilas, nenas e nenos escoitarán un conto que versiona  o relato do negro Panchito ( Cousas,1929 ), e debuxarán unha caricatura do Mestre Castelao nunha camiseta reizentolo, rendíndolle  homenaxe! Caricaturas feitas por eles mesmos para seren vestidas e  amosadas ao mundo!
A experiencia está resultando fantástica, tanto para os que o impartimos coma para os que acudiron , ou iso nos din… Grazas a todos os que  participastes neste proxecto!!

Velaquí tedes fotografías dalgunhas das maravillosas recreacións  realizadas nos obradoiros que impartimos: