ISEGA

logo isega
Publicado o Categorias TraballosEtiquetas , , , ,

ISEGA é unha nova empresa xurdida da unión dun grupo de compañías líderes nos sectores da electricidade, telecomunicacións, seguridade, hidráulica, mecánica, enxeñaría, e servizos de mantemento integrais. Unha potente empresa con proxectos por todo o mundo, que ten a ben facer gala de ser galega alá onde vai.

E esta nova marca precisaba dunha nova imaxe, e aí entra reizentolo, porque confiaron en nós para facerlles toda a imaxe corporativa, que se aplicará a comunicación, web, papelería, uniformes, vehículos e señalética, en Galicia e nas delegacións que a empresa ten polo mundo adiante.

Como ben resumía a filosofía da empresa o seu Director Xeral no discurso de presentación, na Sede //Afundación en Vigo, diante do Excmo. Alcalde e demáis representantes institucionais: A Darlle Duro!!

Graciñas por darnos a responsabilidade da imaxe de ISEGA, e dádelle duro nesta nova parte da andaina da vosa empresa.