FUNDACIÓN CARLOS CASARES LOGOTIPO LETRAS GALEGAS 2017

Fundación Carlos Casare
Publicado o Categorias TraballosEtiquetas , , , , , , ,

Aínda lembro cando paraba a pedir algo na cafetería da facultade e procuraba no periódico da barra a un señor impasible de mirada amable, disposto a contarme algunha anécdota cotiá dende a súa columna á marxe, coma un parroquiano pándego dun bar de aldea. Esa ollada era a de Carlos Casares, e nese tempo non sabía eu da importancia da súa figura e do seu traballo a prol das letras galegas, aínda que si coñecía algún dos seus personaxes, de contos que releía e logo contaba coma se de auténticas lendas se tratara.
Cando a finais do ano pasado a Fundación Carlos Casares amosou interese en que lle propuxéramos unha imaxe corporativa especial para a homenaxe das Letras Galegas 2017, non puiden menos que alegrarme e sentirme especialmente orgulloso.

Imaxe evolucion logo e firma Carlos Casares
Puxémonos pois a darlle voltas sobre cómo plasmar o nome de Carlos Casares. Puidemos empregar a sinatura do autor e reivindicar a sua figura, pero coma el mesmo dixo, estaba “en contra da soberbia do intelectual”. Logo quizáis o representaría mellor a Georgia, unha fonte tipográfica estándar no mundo da prensa e a impresión, aos que Casares adicou gran parte do seu tempo, tanto coma director da Editorial Galaxia coma columnista en La Voz de Galicia. Pero queríamos tamén “darlle un aquel”, algo que rompera a estructura ríxida do texto, pensando no estilo característico do autor de rachar esquemas sen grandes artificios.

Imaxe variacións logotipo
A solución atopámola fusionando nome e apelido, montando as letras e creando un bloque visualmente compacto que funciona para poñer o nome completo. Coma referencia ao logo xa existente da Fundación, empregamos a superposición das iniciais, de onde xurdiu o anagrama, para complementar o anterior.

Aplicación anagrama recortado