Galicia Magic Fest

Galicia Magic Fest
Publicado o Categorias Traballos

A maxia do Nadal chega a Galicia da man de 6 magos recoñecidos e premiados a nivel internacional que actuarán en A Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago, no espectáculo denominado Galicia Magic Fest, no cal a imaxe corre pola nosa conta.

Esta gala da maxia está promovida polo mago pontevedrés Pedro Volta, quen comparte co reizentolo o gusto con el pola estética clásica dos carteis de magos de finais do século XIX e de principios do XX, a idade de ouro do ilusionismo, que agora está a rexurdir. Alégranos de que sexa asi, e de que poidamos disfrutar no país deste traballado mundo de sorpresa, soños e estética. A mestura de artistas creará unha explosión de emocións e sorprenderá, en palabras do seu promotor e alma mater.

Esta é a primeira edición do Galicia Magic Fest, pero estamos convencidos de que este proxecto tan fascinante continuará ao longo dos vindeiros anos, convertindo novamente a Galicia nun “país máxico”.

 

 

Para máis información fai clic nesta ligazón.