O Festival Internacional do Mundo Celta chega a Ortigueira con cartel do reizentolo.

Publicado o Categorias TraballosEtiquetas , , , , , , , ,

A lenda di que na Ria de Ortigueira vive un Dragón… Debe ser o que cada  veran sae do mar a tocar, cantar e bailar, cando o Festival”. Fermosa cita que se recolle no cartel deseñado novamente polo reizentolo para a trixésima terceira edición do “Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira“, do 13 ao 16 de xullo de 2017. O “Dragón” é o icono elixido este ano como identidade visual do Festival dos festivais, así como unha evocación as lendas que  recorren a ría de Ortigueira e doutros países celtas presentes tamén no seu deseño.

Tras ser presentado con éxito un ano máis na Feira Internacional do Turismo (Fitur), o festival de Ortigueira estará marcado claramente pola canción tradicional celta, o baile, os concertos e as actividades lúdicas que se darán cita ao longo do 2017.

 

Making-of:

 

+INFO: http://www.festivaldeortigueira.com/