FESTIVAL INTERNACIONAL de XARDÍNS de ALLARIZ

Publicado o Categorias TraballosEtiquetas , , , , , , , , ,

Cando nos encargaron realizar unha imaxe que representara o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, alumou o lado ZEN e viume a cabesa a lenda dun monxe oriental famoso polos seus xardíns, ao que o emperador decidía visitar para ver o qué de tanta fama. Para poder ofrecer á comitiva a mellor versión do seu traballo -exquisito, segundo dicían tod@s- o monxe decidiu cortar todo o que na súa leira había, excepto unha única flor, a máis perfecta, porque resumía a beleza e equilibrio do que debe ser un bo xardín. Ao emperador gustáralle, así que malo sería que non lles gustara aos do Concello de Allariz…

Así que a imaxe tiña que ser unha única flor, que resumira o que é un xardín, pero.. que entendemos por xardín?  Ven sendo unha ordación ou domesticación da natureza cuns fins estéticos, amáis de conceptuais, coma se pode ver en moitas das propostas de xardíns que se presentan ao Certame cada ano. Pero sempre na procura da beleza..

Así chegamos á proposta: unha única flor que representa o ideal de Xardín como natureza domesticada, pero natureza galega. E aí agromou o punto TOLO: por que, a quén se non se lle ocorrería domesticar a un toxo?

+INFO: http://www.allariz.gal/festival/

 

Do 13 DE MAIO ao 29 OUTUBRO DE 2017