Asolagados

Publicado o Categorias TraballosEtiquetas , ,

Asolagados é un viño producido en belesar.

Esta procedencia marca, e permitímonos referenciala plantexando un xogo coas vilas asolagadas do encoro.

ASí, segundo vai baixando o nivel do viño na botella, van asomando as construcións da vila, que quedarán visibles, co poso do viño cando a botella quede seca.

Asolagados é un viño artesán, de produción limitada.

Esas características tradúcense na corporativa proposta mediante o uso dunha gráfica e ilustracións deliberadamente feitas a man.
Para o logo empregamos unha tipografía especial, elaborada por pinceladas irregulares que se acoplan formando un corpo compacto.

Isto compórtalle unha grande personalidade e expresividade, pero tamén versatilidade, puidendo empregalo sen problema en grande ou pequeno, solo ou acompañado doutras tipografías.