Nova imaxe da Asociación XAN DE ARZÚA

Festa do Boi de Allariz
Publicado o Categorias TraballosEtiquetas , , , , ,

A asociación Xan de Arzúa, como o seu propio nome indica, é de Allariz. 😉

Xan de Arzúa foi o protagonista fai 700 anos dun acto reivindicativo que deu lugar á Festa do Boi, que ainda se celebra hoxe en dia en Allariz, a principios do verán.  A Asociación que leva o seu nome é a que se encarga de organizar e manter viva esta Festa e a tradición de pasear aos bois polo magnífico casco vello da vila.

 

Por mor do 700 aniversario da Festa, e tras ter colaborado con eles na gráfica de anteriores edicións, encomendáronos unha nova imaxe da Asociación para os seguintes 700 anos, alomenos.
Para isto tiramos da iconografía inscrita na pedra Alaricana e das argolas distribuidas polo casco vello, onde se van facendo as paradas para que descanse o Boi durante o seus percorridos nos días da festa.

 

A letra -A- tal como amosamos representa á vila de Allariz e a silueta do Boi, á Festa; sumando estas dúas cousas, resulta a Asociación Xan de Arzúa.