Colección Disfruta Galicia

Fonte do Frade
Publicado o Categorias TraballosEtiquetas , , , , ,

7 licores, 7 lugares de Galicia, 7 deseños de etiqueta para a nova imaxe de Fonte do Frade.

Da xente de Pazo de Valdomiño, produtores do licor, o primeiro que destaca é o mimo e a implicación que teñen en todo o que fan, actitude que acompañada polo coñecemento do campo no que traballan, sempre trae bos resultados.
A nós pegóusenos a implicación no traballo, e tratamos con moito mimo as ilustracións que fixemos para abrazar as súas botellas. Agardamos que o resultado estea á altura dos seus produtos, que -en calidade de catadores aficionados que somos- parécenos que están moi, pero que moi ben.

O resultado deste encargo laborioso é esta colección, pensada para chamar a atención no momento da compra, e para entreter cos seus detalles a quen estea na mesa no momento da degustación.

As provincias de Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, a ría de Vigo e o Casco Vello de Compostela, mais unha etiqueta especial dos camiños de Santiago, conforman estas 7 ilustracións onde o que coñece atopará referencias e experiencias comúns e o non iniciado poderá procurar sitios e momentos moi recomendables para vivir, sempre en Galicia, e case sempre acompañado de bo Licor…