A gran festa da música folk celebrarase do 14 ao 17 de xullo, está declarada como “Festa de Interese Turístico Internacional” e congrega cada ano a milleiros de persoas. Bandas históricas de música celta, grupos internacionais, creadores galegos e novos talentos emerxentes xúntanse nun ambiente de mestizaxe cultural que se completa con exposicións, teatro, e ata unha feira de artesanía.

Para esta trixéxima segunda edición, o cartel do festival foi deseñado polo Reizentolo.

 

+INFO: Festival de Ortigueira @festortigueira