Reizentolo crea o cartel da XXXVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño

Publicado el Categorías TrabajosEtiquetas , , ,

A XXXVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño,  emblemático certame dos máis veteranos do calendario cultural de toda Galicia, dispón de cartel ilustrativo creado por reizentolo.

A Mostra foi impulsada dende finais da década dos setenta pola Agrupación Cultural Malveira e compaxina funcións nocturnas cun volume moi importante de citas para o público infantil. Ademais de achegar a lingua galega á mocidade dun xeito natural nun entorno de lecer, a mostra quere achegar aos máis pequenos ao teatro como forma de expresión artística e de enriquecemento emocional.

O teatro está máis ligado que calquera outra forma de creación artística ao xogo, onde reside a raíz de toda creación infantil e é por iso a máis transcendente, é dicir, conten en si elementos dos máis diversos tipos de arte. Nas verdadeiras obras infantís, todo, dende o pano ata o desenlace da trama debe estar feito polas mans e pola imaxinación dos nenos e só entón a representación teatral acadará toda a súa importancia, todo o seu vigor aplicado ao cativo. Neste intre é cando a representación teatral infantil alcanza o seu máximo valor e se converte en fonte de inspiración, influencia e enriquecemento para os máis diversos aspectos da educación e formación dos máis novos.

Dicía Picasso que todos os nenos son artistas, mais o noso sistema educativo adoita minar esa creatividade. Vaiamos ao teatro a Cariño cos nosos rapaces e, por manter ese espírito picassiano, levemos as camisetas de “Soy un Artista”.

 

Camiseta artista